Festival

Confluencias

cartel

Ensemble do CSM Galicia

Abraham Cupeiro

+ Orquestra Clásica GALEGA

Bakin Blues Band

Abe Rábade

+ Banda de Valga

Antía Muíño

Déixaas

… e moitos máis!

Edición 2022

1 de xullo

Santiago de Compostela

2 de xullo

Santiago de Compostela

3 de xullo

Santiago de Compostela

A mestura de músicas, a localidade excepcional na que naceu este concepto, que une dous Camiños Xacobeos e o orgullo de levar importantes valores por bandeira son as grandes características que fan do festival Confluencias un evento de nivel. Unha serie de concertos que naceron coa idea de promover a industria cultural galega gracias aos seus promotores, o Centro Superior de Música de Galicia (CSM Galicia) e a Asociación Musival. Baixo un lema que aglutina estas ideas –Festival internacional de música e sostibilidade nos camiños-, unha nova edición desta cita celebrarase en Santiago de Compostela os días 1, 2 e 3 de xullo de 2022.

Despois do éxito da primeira edición na que contou con nomes como a banda de jazz de Alfonso Calvo Septet e Abe Rábade Trío, ademais dun gran peche coa actuación da Banda Municipal de Valga, a cita deste 2022 non vai quedar atrás. O evento ten vocación de asentarse dentro dos festivais galegos e acadar para os nosos músicos aínda máis visibilidade dentro do eido cultural no que xa están consolidados.

GGrupos

1 de xullo

Arranca o Festival Confluencias no seu día adicado á música clásica.

Ensemble do CSM Galicia

Os artistas do Centro Superior de Música de Galicia participarán na segunda edición do Festival Confluencias interpretando “L’arlesienne” de Bizet, “Totentanz” de Liszt e “Tambor de Granaderos” de Chapí.

Abraham Cupeiro + orquestra clásica Galega

Coleccionista de máis de 200 instrumentos de todas as épocas, Abraham recupéraos e constrúeos e interpreta con eles desde a música da súa época ata a de hoxe en día. Todos eses sons mesturados cos de formacións modernas. Neste concerto coa Banda de Valga as sorpresas están garantidas.

GGrupos

2 de xullo

No corazón do Festival Confluencias, a xornada adicada á música moderna.

Bakin Blues Band

Comezou a súa andaina como formación de blues no 2008. Integrada por catro músicos galegos de reputado prestixio, conta cunha longa tradición na interpretación de música negra e indubidable presenza en diversas formacións do panorama musical galego desde principios dos noventa. O poderío desta formación está na potencia dos seus directos, que recolleu unha intensa e duradeira acollida do público e fans que desfrutan escoitando esta enérxica mestura de blues de Chicago, soul e boogie-boogie que a Bakin Blues Band ofrece nos seus shows.

Abe Rábade + Banda de Valga

Sen dúbida, un dos pianistas galegos máis internacionais, Abe Rábade é un impulsor incansable do diálogo entre xéneros musicais e disciplinas artísticas. Leva 14 álbums de Jazz como líder, estreou dúas composicións sinfónicas e máis de 200 nos estilos Jazz, Clásico e Músicas de Raíz. Actúa con numerosas figuras de reconocido prestixio internacional en concertos e festivais de todo o mundo e nesta ocasión presentará unha das súas últimas obras, “A Travesía do Meigo” para frauta, piano e banda sinfónica xunto coa coñecida Banda de Valga.

GGrupos

3 de xullo

Pechamos o Festival Confluencias con música da terra.

Antía Muíño

A cantautora galega afincada en Donostia, tras anos de militar en diferentes proxectos que oscilan entre o folk, a canción de autor máis intimista, o jazz ou a bossa nova, firma co seu propio nome un proxecto que segue bebendo destas fontes, pero agora a soas coa súa guitarra. Herdanza da canción acústica, espida e descarnada. A súa singularísima voz dialoga con matices que van desde a canción jazz á bossa con acento galego ou o folk-pop occidental, tan preta do río Miño como das orillas do Mississippi.

Déixaas

Deixaas é case un traballo de laboratorio sonoro. Unha experiencia que mestura pandeireta, sintetizadores, piano, voz,
sacho e sonidos reais da construcción do naval na procura de volúmenes sonoros que deixen espacios onde entrelazar
melodías e composiciós. Acolle tamén un diálogo sonoro entre a voz lírica levada a extremos e a voz cruda do cante popular.
O resultado é unha proposta poliédrica e minuciosa, profundamente política e emocional, que agocha, en cada un dos seus once temas, en cada compás, catro anos de intenso labor ao que Mercedes Peón suma todo o seu coñecemento
e experiencia.

Entradas

Non quedes sen a túa entrada

Co apoio de:

E a colaboración de:

Orquestra Clásica Galega